Oleiros seguirá costeando o gasto de comedor escolar do alumnado en risco de exclusión social

O Concello de Oleiros renovou o convenio de colaboración coas ANPAS para colaborar no coste mensual das prazas de comedor escolar nos centros públicos de Oleiros xestionados polas ANPAS e asumir integramente o custo dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade

Esta é unha das numerosas medidas que adopta o Goberno municipal para promover e fomentar a inclusión social de todos os cidadáns.

Con esta actuación, o Concello garante a cobertura das necesidades básicas de alimentación dos menores, así como de conciliación familiar e laboral das  familias que cumpran cos requisitos socioeconómicos  establecidos no correspondente regulamento. Estas axudas  poderanse solicitar durante todo o curso escolar e contan cunha partida orzamentaria de 60.000 euros, que serían incrementados en caso de resultar necesario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.