Os espectáculos de Oima e Pakolas, o domingo no programa municipal de Narón ‘Verde que te quero verde’

O vindeiro domingo, día 19, o programa municipal Verde que te quero verde contará coas actuacións de Oima e Pakolas neste ciclo desenvolvido en espazos públicos da cidade e impulsado dende o Padroado da Cultura de Narón. Os espectáculos programados para esta xornada terán lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, a partir das 12.30 horas

A primeira actuación do domingo correrá a cargo do trío instrumental Oima, formado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martín Senande (acordeón diatónico) que presentarán o seu primeiro traballo interpretando música para baile de tradición galega e europea.

Na segunda actuación da xornada, Pakolas fará partícipe á audiencia das súas cancións para rockear, para soñar e para aprender. A través da súa voz e coa guitarra amosará o seu novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas nas que os animáis serán os protagonistas: Baldomero o Mero, Xabarín con bombín, Furafollas, A quenlla madrugadora, Mc Pac, Ri salta ri corre, etc.

Os encontros musicais de Verde que te quero verde diríxense a todo tipo de públicos e teñen entre os seus obxectivos ofrecer aos espectadores espazos de lecer nos que poder socializar cunha serie de concertos de balde impulsados a través do Padroado da Cultura e que conforman nesta ocasión a cuarta edición deste programa municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.