Os socialistas de A Laracha solicitan o recoñecemento ao xefe dos GEAS Celestino Gago por rescatar a un rapaz na praia de Caión

O presidente uruguaio José Mujica sinalou nunha ocasión que a historia non a fan os homes, senon as grandes accions. E unha gran acción, (merecedora dun recoñecemento) , foi a realizada polo xefe dos GEAS Celestino Gago, que con mailisimas condicións do mar e sen material de rescate, arrisco a súa vida para salvar, na praia de Caión a un rapaz.

O Grupo Municipal Socialista da Laracha de acordo e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción sobre o recoñecemento do labor de Celestino Gago na praia de Caión.

Exposición de motivos

Que motiva a unha persoa para arriscar a súa propia vida co obxectivo de salvar a un descoñecido?

Que inspira este acto de bondade?

Se calquera de nós os aquí presentes, nos atopásemos gozando dunha xornada de descanso na praia, de relax, xunto aos nosos:

Teriamos a valentía de intervir nun rescate, poñendo en perigo a nosa vida, para salvar a doutra persoa, á que nin tan sequera coñecemos?

O presidente uruguaio José Mújica, sinalou nunha ocasión que a historia non a fan os homes, senón as grandes accións.

Accións como a realizada o pasado 30 de xuño, por Celestino Gago, xefe do GEAS, Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, que por sorte, atopábase no areal de Caión, gozando dun día de praia en compañía do seu fillo, cando sobre as 17:00 horas, saltou a alarma, debido a que a corrente, impedía o regreso á beira dun menor nunha xornada, en que a néboa xogaba en contra.

Con malísimas condicións no mar, e sen material de rescate, a valentía de Celestino e os seus coñecementos do mar, foron os motivos polo que o rescate quedou afortunadamente nun susto.

Aproveito para manifestarlles, a desconformidade do Grupo Socialista, ante a gravidade de que o último día de xuño, o areal de Caión, non tivese activado o servizo de Salvamento e Socorrismo, nun verán, que tería que estar marcado pola prevención e sensibilización fronte ao COVID-19.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal Socialista eleva ao Pleno esta moción e presenta para o seu debate e posterior aprobación, si procede, o seguinte ACORDO:

  1. Concello en Pleno de A Laracha fai un recoñecemento ao valor, á xenerosidade e solidariedade amosada por Celestino Gago, garda civil cuxa rápida reacción foi decisiva para salvar a vida dun pequeno na praia de Caión.
  2. O Concello de A Laracha fará chegar este recoñecemento ao Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia, para que o corpo coñeza o valor e a acción de Celestino Gago.

A Laracha, 15 de xullo de 2020

Asdo.: Pilar Martínez Neira

Concelleira do Grupo Municipal Socialista de Laracha

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DA LARACHA

MOCIÓN recoñecemento labor Celestino Gago praia Caión

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.