Os socialistas de Lugo denuncian que a ampliación da residencia de Antas de Ulla leva 25 anos paralizada

Patricia Otero criticou que “en 11 anos de Goberno do PP de Feijóo non se fixo nin unha soa praza de residencia pública en Galicia. Un goberno progresista á fronte da Xunta manterá un compromiso cos servizos públicos que permita corrixir os erros do modelo privatizador da Xunta abrir unha etapa de futuro en Galicia a partir do 12 de xullo”

A cabeza de lista ás eleccións autonómicas, Patricia Otero dixo hoxe que “os lucenses necesitan un novo contrato social para defender o estado do benestar e o progreso da nosa provincia e o vindeiro 12X temos unha oportunidade única para mudar esta provincia de arriba a abaixo”. Nesa liña lembrou os baremos da Organización Mundial da Saúde, en Galicia, que evidencian, que faltan 14.000 prazas en residencias de maiores. “En 11 anos de Goberno do PP de Feijóo non se fixo nin unha soa praza de residencia pública”, lamentou.

Así o dixo en Antas de Ulla, acompañada de membros da candidatura Luis Alvarez, Marina Douton e o Deputado no Congreso, Javier Cerqueiro, xunto á Voceira Socialista e Deputada Provincial, Pilar García Porto, onde o Goberno de Feijóo e o Alcalde de Antas de Ulla, teñen paralizada dende fai máis de 25 anos o procedemento para rematar a 2ª planta da Residencia de Maiores.

“Este é o verdadeiro exemplo de porque o 12X as cousas teñan que mudar en Galicia, non podemos esperar máis. O 12X é necesario votar a Gonzalo Caballero para defender o público como a mellor protección para a cidadanía. Temos que deixar atrás a inacción e a falla de responsabilidades de Feijóo, para dar paso a un goberno que priorice o emprego, a sanidade, os servizos públicos e a política da reconstrución”, replicou.

Otero avanzou ademais que o PSdeG comprometese a crear 2.000 novas prazas públicas en residencias de maiores na próxima lexislatura en Galicia, todas elas no marco dun plan que permita aumentar as existentes en 10.000 nun prazo de 10 anos. Tamén anunciou “impulsaremos unha comisión de investigación sobre as causas e consecuencias padecidas pola pandemia do Covid-19 nas residencias, así como un cambio de modelo asistencial e de prestación de servizos nas residencias do noso pais. Non podemos quedar calados ante a situación que padeceron os nosos maiores na provincia”, lamentou.

Rede de residencias pública da Deputación

“Os lucenses poden presumir de desfrutar dunha rede de residencias pública na provincia, grazas aos sucesivos gobernos progresistas da Deputación. En Pol, Trabada e Ribadeo os maiores da Comarca xa son atendidos nestas novas dotacións. E ademais a través do Plan Único de Cooperación, a Diputación tamén financia con 1,3 millóns para o 2020 o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar dos Concellos da provincia, cando non ten competencias nesta materia. Por todo isto, é necesario un goberno progresista á fronte da Xunta para defender un compromiso claro e firme cos servizos públicos, que permita corrixir os erros do modelo privatizador da Xunta abrir unha etapa de futuro en Galicia a partir do 12 de xullo”, resumiu.

Pola súa banda Pilar García Porto, sinalou que o Grupo Socialista reivindica “un modelo público, baseado na calidade e na proximidade, como promovemos coa rede de residencias da Deputación. Por iso as veciñas e veciños de Antas de Ulla teñen unha oportunidade excepcional o vindeiro 12X para demostrarlle ao PP que Antas non pode esperar un minuto máis para rematar a 2ª planta da Residencia de Maiores da vila”.

“Merecemos unhas dotacións publicas de calidade, e seguimos agardando para coñecer o proxecto de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla, ante as graves deficiencias que presenta o actual edificio. O PP anunciou que iamos coñecer a redacción do proxecto no mes de xuño. Si Feijóo non cumpre coa súa palabra estará enganado novamente aos veciños. Esperemos que non teñamos que esperar outros 25 anos”, lamentou.

Monterroso

Posteriormente á visita a Antas de Ulla, a candidatura realizou un paseo pola feira de Monterroso, acompañado dos membros da Agrupación Socialista da vila, xunto co voceiro Rafael García.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.