Os socialistas de Portomarín denuncian a situación de abandono na que se atopa o parque infantil

“Todos os elementos do parque infantil atópanse nun estado lamentable, hai unha evidente falta de limpeza e de mantemento, e os xogos están cheos de roturas que poden ser moi perigosas para os seus usuarios, xa que conteñen aristas e astillas. Tampouco se están realizando as desinfeccións de prevención que marca a normativa tralo COVID”, dixo Silvia Rodríguez

A Voceira socialista de Portomarín, Silvia Rodríguez advertiu hoxe que o parque infantil, situado no Campo da Festa, incumpre todas as normativas de uso que marca a propia lexislación autonómica, entre elas é especialmente grave o incumprimento da lei de accesibilidade da Xunta de Galicia.

“Todos os elementos do parque infantil atópanse nun estado lamentable, hai unha evidente falta de limpeza e de mantemento, e os xogos están cheos de roturas que poden ser moi perigosas para os seus usuarios, xa que conteñen aristas e astillas. Ademais tampouco se están realizando as desinfeccións de prevención que marca a normativa tralo COVID”, denunciou.

Así as cousas Rodríguez emprazou ao rexedor “a que acondicione este espazo de xeito urxente con tódalas garantías de seguridade, e que exerza as súas competencias para darlle un bo lavado de cara, que substitúa as pezas rotas do único parque infantil de Portomarín e que respete e cumpra a lexislación vixente en materia de parques infantis e en materia de accesibilidade”, explicou.

A Voceira lembrou ademais que dende fai máis de ano e medio advertiu no Pleno do Concello desta situación de degradación da situación do parque infantil, “pero que só obtivemos a calada por resposta porque a este goberno do Partido Popular ten máis interese en montar unha pista de pádel de 27.000 euros que no benestar dos nosos nenos e nenas”. Nesa liña avanzou que o “Grupo Socialista rexistrará outra proposta no Concello para que dunha vez por todas o Goberno do PP de Portomarín exerza as súas competencias”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.