Os socialistas reclaman a Feijóo que cumpra as súas promesas electorais con os traballadores de Alcoa

O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá o vindeiro martes, no Pleno da Corporación provincial, unha moción na que reclama ao Presidente da Xunta “que cumpra as promesas electorais que fixo ós galegos e galegas decindo que se gañaba as eleccións arranxaría o problema de Alcoa”. Os socialistas lembran que Núñez Feijóo, durante a pasada campaña dos comicios xerais, dixo, e así o recolleron os medios de comunicación, que, se gañaba o PP, “o primeiro responsable” sería el e que asumía “esa responsabilidade”.

“A través desta proposta dende o Grupo Provincial Socialista queremos reiterar o compromiso cas reclamacións dos traballadores de Alcoa e as empresas auxiliares, e tamén coa necesidade de impulsar na Mariña políticas de industrialización modernas, sostibles e baseadas na investigación”, sinalan.

Nesta iniciativa, o PSdeG esixe á Xunta un plan global de industrialización para A Mariña que teña en conta a situación de Alcoa, así como establecer unha liña de contacto permanente coa dirección da fábrica e que presente medidas económicas de apoio de cara á entrada do sector público no accionariado da empresa, entre outras.

A moción socialista lembra que, “tal e como recolle o artigo 30 do Estatuto de Autonomía as competencias en materia industrial son da Xunta. Polo tanto, é  de supoñer que Feijóo tiña presente esas competencias cando de novo, na recente campaña das pasadas Eleccións Autonómicas, o día 1 de xullo, en Narón, dixo que “puedo asegurar que como presidente de la Xunta no voy a consentir que se cierre Alcoa”. Un claro recoñecemento por parte do candidato das competencias e a responsabilidade que a Xunta de Galicia ten cara o mantemento da actividade industrial de Alcoa”.

Tamén aluden á información publicada “o pasado 2 de xullo, na web oficial da Xunta, que recollía a aprobación dun “plan para la industria electrointensiva que declara el sector como esencial y estratégico”. O certo é que o plan da Xunta non recolle unha soa medida concreta. O que di a nota da Xunta é que o seu plan consiste en apoiar os plans que outros poidan presentar. É dicir, a Xunta presenta como “plan” especial o que non é senón unha obvia exposición das súas obrigas.

Así as cousas, o PSdeG asegura que, “fóra da propaganda e os titulares, non temos noticia nos últimos nove meses dunha soa proposta concreta da Xunta de Galicia, ou do seu Presidente, nin para garantir o futuro de Alcoa, nin para defender os postos de traballo, nin para propoñer novas alternativas industriais para a provincia”.

No texto da moción rexistrada, o PSdeG propón ao Pleno instar á Xunta de Galicia e ó seu Presidente a:

  • Cumprir as promesas electorais ós galegos e galegas feitas por Alberto Nuñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, en torno á conservación da actividade industrial en San Cibrao, dicindo que se gañaba as eleccións arranxaría o problema de Alcoa.
  • Presentar un plan global de industrialización para A Mariña que teña en conta a situación de Alcoa.
  • Establecer unha liña de contacto permanente ca dirección da fábrica tendo en conta os movementos globais que Alcoa está facendo no mundo. Movementos que parecen apostar máis por un modelo especulativo que por un modelo produtivo.
  • Manter liñas de sondaxe co mercado para poder atopar compradores ou socios interesados na adquisición da fábrica.
  • Presentar, cuantificadas, as medidas económicas de apoio da Xunta de cara a entrada do sector público no accionariado da empresa.
Moción socialista

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.