Patricia Otero: “Temos que traballar dende a unidade, a corresponsabilidade e remando todos xuntos na mesma dirección”

A Secretaria Provincial dixo dende o PSdeG “hai que poñer en marcha un proxecto recoñecible para a maioría dos cidadáns”

A Secretaria Provincial de Lugo, Patricia Otero dixo hoxe que “todos temos traballar dende a unidade, da corresponsabilidade e remando todos xuntos na mesma dirección.  E ao mesmo tempo temos que ser capaces de poñer en marcha un proxecto recoñecible para a maioría dos cidadáns”, así o dixo na súa comparecencia, para analizar o resultado electoral, diante do Comité Extraordinario Provincial celebrado hoxe en Lugo, ao asistiu o Secretario Xeral, Gonzalo Cabellero. “Temos que comezar unha nova etapa, propóñome corrixir os problemas que puideron xurdir para ter máis eficacia, e implementar a coordinación interna”.

Otero, diante dos militantes, alcaldes, deputados e concelleiros, remarcou na súa intervención que o PsdeG “ten que facer unha análise honesta e veraz do que pasou o pasado 12 de xullo. Queda patente que perdemos apoio polo tanto foron unhos malos resultados”, expuxo.

A secretaria provincial referiuse ademais a situación que se viviu na Mariña de Lugo con dous temas de actualidade, Alcoa e o rebrote do COVID, que marcaron a axenda política ao longo destas datas electorais. “Na Mariña o PP e o BNG foron capaces de instrumentalizar cun discurso irresponsable a confrontación coa crise de Alcoa., acompañada dos discursos tramposos do PP de Feijóo, e que todavía intentarán pescar en río revolto. E no que se refire a xestión do coronavirus, a Xunta tivo un discurso contraditorio, tal e como denunciaron os nosos Alcaldes e Alcaldesas. O PP esixe agora unanimidade, cando non era capaz de xestionar só esta crise”, insistiu.

Así as cousas Otero advertiu que “estes dous problemas deben converterse na primeira responsabilidade e nunha prioridade para todos os socialistas lucenses. Polo tanto, esta será a primeira iniciativa que presentarei no Parlamento de Galicia, un plan económico para a Mariña Lucense”. A secretaria provincial tamén dixo que dende o PsdeG “temos que reverter a situación e marcar a estratexia que nos faga manter a iniciativa política no Parlamento”.

Implicación dos Alcaldes e Alcaldesas

Patricia Otero agradeceu o traballo e a implicación dos Alcaldes e Alcaldesas. “Hai que reforzar o traballo conxunto das nosas alcaldías e dos nosos gobernos municipais, debemos de traballar para preservalos e incorporalos ao traballo político do día a día”.

Por último agradeceu  as intervencións contructivas que xurdiron neste Comité. “Agora empezamos ese novo futuro, traballando xuntos, cun partido forte e unido” resumiu.

Gonzalo Caballero chamou á reflexión

Pola súa banda Gonzalo Caballero chamou á “reflexión” sobre os resultados electorais do pasado 12 de xullo, nun contexto dun nivel de abstención “histórico”, do 51%, e apelou á “unidade para traballar xuntos para fortalecer o partido e construír o futuro”.

“Das derrotas apréndese para chegar ás vitorias”, destacou, ao tempo que agradeceu “o apoio da militancia” e amosouse “con forza para traballar por unha vitoria socialista no ano 2024”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.