Pili Neira solicita novamente información por escrito ao alcalde da Laracha sobre seguridade e socorristas en Caión

Pili Neira: “É lamentable que pola inacion do goberno dá Laracha, para xestionar a prestación do servizo de Salvamento e Socorrismo, tivese que ser, un garda civil fora de servizo, o que evitase unha traxedia, ao rescatar onte, a un menor que arrastrado pola corrente, non podía regresar á beira”
Pregunto novamente ao alcalde :
Cando poderá contar a praia de caion do servizo de Salvamento e Socorrismo??

Pilar Martínez Neira, concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, e en nome de todos os seus integrantes e todo o PSdeG-PSOE da Laracha, ante o alcalde da Laracha, e como mellor proceda comparece e EXPÓN:

Con data 20 de Xuño de 2020, formulouse a este Goberno, unha serie de cuestións referente o servizo de socorrismo nas praias do Concello da Laracha, sen ter a día de hoxe resposta algunha.

Por parte do grupo Socialista da Laracha, preocúpanos a situación que se está a vivir neste intre nas nosas praias.

A falta de socorristas, puido ter graves consecuencias na praia de Caion no día de hoxe, cando sobre as 17 horas, un menor viuse en dificultades para saír da auga ao ser arrastrado pola corrente.

Os bañistas que se atopaban no areal, viviron momentos de angustia ata que un axente da Garda civil, fora de servizo, lanzouse a auga e conseguiu sacalo ata terra firme.

O Grupo Municipal Socialista da Laracha, solicita por escrito:

  1. ¿Cando ten previsto iniciar o servizo de socorrismo más praias?
  2. ¿Con que data se vai finalizar duro servizo?
  3. ¿Cunprirá o punto 5.1 das cláusulas administrativas os pliegos do socorrismo na plataforma de licitacións do estado polo Concello da Laracha?
Pregunta de Pili Neira a o Alcalde dá Laracha sobre seguridade e socorristas na praia de Caión

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.