Presentada a programación da última semana do ciclo Muralleando sen Parar

Maite Ferreiro: “A programación cultural continúa con ciclos como Tarde e Tardiña”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou da programación que o ciclo Muralleando sen Parar terá para o seu remate nesta fin de semana. “Desde a área de Cultura agradecemos a gran aceptación por parte da veciñanza que tivo este ciclo de concertos ao aire libre”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu que “con este ciclo, a veciñanza de Lugo demostrou o seu interés na música local”.

Maite Ferreiro lembrou que “durante o verán a programación cultural continuará con ciclos como o Tarde e Tardiña, que se realiza nas tardes dos mércores na Calella do Hospital”. Ademais a edil de Cultura afirmou que “a programación cultural de Lugo non parará durante o verán, coas diversas actividades que estamos a organizar para estas datas e que anunciaremos nas vindeiras semanas”.

A última semana de Muralleando sen Parar comezará o venres 3 a partir das 20:30, con Vrásica en San Fernando, Airiños da Freba na Mosqueira e Los Zorros na Porta Miñá. O sábado, a animación dos paseos pola Ronda comezará ás 13 horas, con Mixtape, Cántigas e Frores e Adrián Vigo Trío en Bispo Aguirre, Rúa Nova e Rúa do Teatro respectivamente. Para a tarde do sábado, a partir das 20:30, os paseos á Muralla serán animados, nas mesmas ubicacións que na sesión da mañá por Candorka Trío, Minton’s Jazz e Milesios.

Filophóbicas, The Old Project e Víaperloca serán os grupos lucenses encargados de rematar o Muralleando Sen Parar, o vindeiro domingo a partir das 20:30 en San Fernando, na Mosqueira e na Porta Miñá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.