Programación do Ciclo Metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas

Música, escritura, pintura, cine, unha xornada profesional… forman parte da programación desta nova edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas Son Artistas, que se levará a cabo nos próximos meses baixo a nomenclatura de “Ciclo” en vez de festival como nas dúas anteriores edicións

Propostas moi variadas en estilos e disciplinas artísticas que suporán un importante movemento de persoas da área Metropolitana da Coruña en busca de espectáculos culturais que teñen á muller creadora como protagonista.

Trátase dunha cita anual, en fase de consolidación, e que nesta edición de 2020 xa colgou o seu primeiro “entradas esgotadas” coa actuación do dúo zaragozano TéCanela no centro cultural A Fábrica de Oleiros hai un par de semanas e baixo unhas estritas medidas sanitarias.

CONCELLOS:

Os eventos terán lugar en oito concellos da área metropolitana da Coruña, unha forte aposta para que a cultura sexa quen de esquecer barreiras burocráticas: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Carral, Cambre, Betanzos, Oleiros e Sada, con case 360.000 habitantes, serán as localidades nas que se poda disfrutar do festival.

MÚSICA:

É un dos grandes eixos desta iniciativa e a programación se prolongará ata o próximo mes de decembro, deixando o groso das actuacións de pago nas salas e no Teatro Colón, para outono. O abono para estes concertos pódese adquirir a través de Ataquilla.

  • 26 de xullo – Las Antonias – Concello de Arteixo.
  • 1 de agosto – Silvia Penide – Concello de Bergondo.
  • 15 de agosto – Agoraphobia + Eme dj – Concello de Sada.
  • 6 de setembro – Belém Tajes – Concello de Cambre.
  • 6 de setembro – Mounqup e Lúa Mosquetera  xunto a Artesás Galegas – Fundación Luis Seoane.
  • 18 de setembro – Ede – Concello de Betanzos.
  • 8 de outubro – Estrea documental ‘Amazing Grace (Aretha Franklin)’ – Sede Afundación da Coruña.
  • 10 de outubro – Ainoa Buitrago – Sala Bâbâ Bar, A Coruña.
  • 10 de outubro – The Riven – Sala Mardi Gras, A Coruña.
  • 15 de outubro – ‘Freedom (very best of Aretha)’ – Teatro Colón, A Coruña.
  • 30, 31 octubre e 1 novembro – Lau e Elas Tamén Pintan- Concello de Carral.
  • 13 de novembro – Carmen Boza – Sala Garufa Club, A Coruña.
  • 11 de decembro – Mourn + Grises – Sala Mardi Gras, A Coruña

PINTURA:

No Concello de Carral, e da man de 7hCoop, contaremos tamén con Elas tamén pintan, unha actividade que pretende dar visibilidade e recoñecemento ás artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numeras mulleres na historia da arte urbana.

ESCRITURA:

No mes de setembro, volveremos contar co obradoiro de escritura na Casa Museo Emilia Pardo Bazán, na Coruña, con Andrea Pazos.

CINE:

En outubro, na Sede Afundación da Coruña teremos a estrea do documental ’Amazing Grace. Aretha Franklin’, a película que rescata as imaxes que o director Sydney Pollack tomou en 1972 durante a gravación do disco máis famoso da raíña do soul e que levaban tres décadas sen ver a luz. O documental non só ofrece un retrato familiar da Aretha que acompañaba a un tempo as misas do seu pai, senón tamén da sociedade afroamericana da época.

Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.

En todos os espectáculos, sexan de música, pintura… a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.