Restauración dunha ducia de fontes ornamentais da Coruña

A concellería rematará este mes os traballos de mantemento de instalacións como as de Catro Camiños, a dos Surfistas, a da praza de Portugal ou a do Millenium

A Concellería de Infraestruturas desenvolve desde xuño unha campaña de mantemento de fontes, programada con carácter anual e que poñerá a punto unha ducia destes elementos ornamentais. Comezárona despois de San Xoan e estenderase durante todo este mes co fin de pintar as instalacións cunha maior lámina de auga e que se atopan máis deterioradas como as de Catro Camiños e A Cubela, a da Virxe do Carmen situada no Paseo Marítimo, a do Millenium, a dos Surfistas, a da praza de Portugal e a do conxunto escultórico de Curros Enríquez, en Méndez Núñez.

Tamén se restaurarán as fontes da praza do Tebeo, Afonso XIII e a do Ferrocarril. Desde a concellería explican que a pintura de vaso está exposta a condicións agresivas, polo que se recomenda un repaso como mínimo ao ano. Realízase durante o verán porque os traballos requiren que o tempo sexa seco e estable, o que facilita un secado máis rápido. A actuación, que rematará na última semana de xullo, estase levando a cabo segundo a dispoñibilidade do persoal traballador.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.