Santiago. O servizo de comedor escolar seguirá en xullo e agosto grazas á colaboración con Afundación

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a continuidade do servizo de comedor escolar durante os meses de xullo e agosto. A fundación Galicia Obra Social (Afundación) asume durante estes dous meses este servizo, que se prestará nos centros socioculturais de Cornes e Vite.

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que a fundación Galicia Obra Social ofreceu este servizo a varios concellos galegos. Deste xeito, aquelas familias que o desexen poderán seguir accedendo a este servizo durante xullo e agosto. Unha vez comezado o curso, e levantada a suspensión do contrato coa empresa que presta os servizo, o Concello volverase a facer cargo do seu financiamento. Os termos desta colaboración entre o Concello e Afundación están marcados nun protocolo.

Afundación, a través do seu programa Cubertos proporcionará ata 200 menús diarios, de xeito gratuíto, de luns a venres, para cubrir as necesidades de alimentación dun número igual de persoas menores de idade. O obxectivo de Cubertos é apoiar as familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da Covid-19, garantindo ás nenas e nenos unha alimentación saudable durante o verán, período no que se interrompen os programas de bolsas comedor.

Senda peonil
Noutra orde de cousas e a proposta do concelleiro de Medio Rural, adxudicouse a construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño (1ª Fase), obra incluída no POS + 2019 da Deputación da Coruña. Os traballos executaraos a empresa Obras y Viales de Galicia, SL, por un importe de 319.420 euros (IVE incluído).

Estrutura de custos do servizo do lixo
Ademais, aprobouse o sometemento a información pública da proposta de estrutura de custes do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Santiago de Compostela. O alcalde cifra de custos deste servizo nos 10 millóns de euros anuais.

Incendio en Vidán
Preguntado polo incendio rexistrado o venres en Vidán, o alcalde apuntou que “todo indica que tanto este incendio como o de hai unha semana foron provocados”. Amosou a súa especial preocupación en materia incendiaria polos “entornos periurbanos” de Compostela e lembrou aos/ás propietarios/as privados/as a súa obriga de limpar os montes. Neste sentido, salientou o problema que supón “ter máis de 100.000 parcelas de propiedade privada no municipio, moitas delas de propiedade compartida

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.