SEA colaborará activamente co mapa de parques industriais que elabora a Fegape

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, mantivo unha reunión con Isaac Rodríguez, administrador dos polígonos de Alvedro, Espírito Santo y Teixeiro e representante de Fegape

“Suelo Empresarial del Atlántico”, “SEA”, colaborará activamente na elaboración do mapa de polígonos industriais que está a facer a Federación Galega de Parques Empresariais.

Así o acordaron en Santiago de Compostela a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, e o representante de Fegape e administrador dos polígonos de Alvedro, Espírito Santo e Teixeiro, Isaac Rodríguez.

Isaac Rodríguez agredeceu a colaboración e disposición de SEA a participar no traballo iniciado para coñecer todos os parques empresarias de Galicia, de diferente titularidade, co obxectivo de poder instar á Xunta a adecuar políticas públicas e subvencións a ditas necesidades. Recentemente, a xerente de SEA xa amosou tamén o seu apoio á petición de FEGAPE de que Galicia conte cunha lei unificada de parques empresariais.

Beatriz Sestayo, pola súa banda, agradeceu a labor desenvolvida por Fegape e destacou a “importancia de todos os avances que se produzan cara ao coñecemento, divulgación e mellora dos parques empresariais e industriais de Galicia”.

Sestayo lembrou que Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.