The Soul Brothers, segunda confirmación do ‘Paisaxes Sonoras’

O concerto terá lugar en Punta Cabío, emblema paisaxística da Pobra do Caramiñal. As entradas xa están a venda en eventbrite. O custo das entradas dobres é de 6 euros máis gastos e das invididuais 3 euros máis gastos

O ciclo

As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. Así mesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuir ó fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial.

O aforo

Para cada concerto habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituido por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respeto á integridade das localizacións escollidas. Trátase de vivir unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística.

A Pobra: Punta Cabío

The Soul Brothers actuarán na Punta de Cabío, unha das localizacións máis espectaculares do ciclo. Nun dos enclaves máis privilexiados da Pobra do Caramiñal, sitúase este miradoiro natural que destaca polo protagonismo absoluto da maxistral Ría de Arousa.

O artista: The Soul Brothers

Dous dos máis grandes músicos del soul e rock nacional, Juan Zelada e Julián Maeso, únense por primeira vez no proxecto The Soul Brothers no que interpretarán temas propios e versions de grandes clasicos nun espectaculo único e especial.

Juan Zelada

Empezou a sua carreira musical en Londres, editando disco con Decca Records (Universal Uk) e os 4 primeiros singles soando nas playlists da BBC radio. Tras varias xiras polo Reino Unido coa sua banda, chegando a abrir concertos para Amy Winehouse. Xa en España editou 3 discos máis con xiras nacionais. Dentro das suas principais colaboracions destacan Bebe, Morgan, ELE, Colectivo Panamera ou Virginia Maestro.

Julián Maeso

Está curtido na escena nacional con The Sunday Drivers, The Blackbirds, Speaklow, The Sweet Vandals, Pájaro, Aurora and The Betrayers, Adrian Costa, Los Saxos del Averno e recientemente colaborando con Gran Cañón (junto a Carlos Tarque, Leiva, Ovidi Tormo…) Maeso foi requerido como organista por Mclan, Quique Gonzalez, Jorge Pardo e a sua vez, por grandes divas del Soul como Irma Thomas, Betty Harrys y Martha High. Como Artista de Sony Music ha editado tres discos, llegando a tocar en el programa de la BBC2 de Jools Holland.

A programación

As citas restantes serán o 15 de Agosto no Pazo de Rianxiño (Rianxo) con Carlos Blanco e o 22 de agosto en Boiro e o 29 de agosto en Ribeira con artistas todavía por confirmar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.