Vilalba Aberta reúnese co Comercio Asociado e lamenta o “desleixo do goberno do PSOE co sector”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta reuniuse na tarde de onte cunha representación do comercio asociado, co fin de “escoitar e analizar polo miúdo” as problemáticas do sector co Concello dende que se consumara a ruptura do pacto de Goberno, co unilateral cese por parte da Alcaldía de Modesto Renda, coma concelleiro de goberno delegado nas áreas de Comercio e Turismo.

A xuntanza, que se prolongou por máis de hora e media e da que tomaron parte o propio voceiro e concelleiro Modesto Renda e a tamén edil e número dous do Grupo Municipal, Mª Xosé Fernández; representou o primeiro encontro físico da formación coa veciñanza logo da saída de Vilalba Aberta do Goberno e, tal e como lembraron hoxe diante da prensa, “Non foi por casualidade, pois queríamos que fora precisamente con eles/as, isto é: co sector comercial e de servizos”, en tanto que “un dos principais afectados pola crise da covid no noso termo municipal”.

 “Incomprensible desleixo do Goberno en minoría do PSOE en Vilalba co sector”.

çUnha situación que, en palabras de Modesto Renda, “ten perplexo ao conxunto do comercio asociado” e que, tal e como lles trasladaron na xuntanza, se exemplifica na negativa por parte do Goberno Municipal a escoitar as súas demandas nunha “solicitada, mais denegada reunión”; na “desinformación e desorganización” no reparto de EPIS, co agravante da decisión do executivo socialista de vinculalo ao programa “Compite Vilalba” (só os inscritos ao mesmo – e nin tan sequera todos – estarían recibindo o material); así como na “parálise” e nas “cortinas de fume constantes” do Equipo de Goberno, co fin de non por en marcha a aprobada proposta de Programa Municipal de axudas directas a autónomos e pemes de Vilalba Aberta, sendo o punto que “desbordou o vaso” a “surrealista proposta de sistema de bonos” anunciada en prensa por parte do PSOE.

A este respecto, e ao tempo que manifestaron a súa satisfacción pola “grande acollida” que a proposta de programa de axudas directas de Vilalba Aberta tivo entre o conxunto dos e das comerciantes, dende formación asemblearia compartiron argumentación e análise co comercio asociado e cualificaron de “ocorrencia” a proposta de bonos do Goberno Municipal, en tanto que “cortina de fume” para obviar a posta en marcha do aprobado en Pleno.

“Ao Goberno fixémoslle o traballo en termos de memoria económica, pero sobre todo de tramitación. Só ten que dar inicio ao expediente.” apuntou a este respecto Renda, ao tempo que lembrou que noutros concellos o sistema de bonos “é, como moito, un complemento aos diferentes programas de axudas directas a autónomos e pemes, non o sistema de axudas en si mesmo.”

Un auténtico “sen sentido baixo o punto de vista do comercio asociado”, que nace froito da “improvisación do decidido a última hora para non respectar o acordo plenario”

Neste senso o voceiro asembleario, deixou claro que Vilalba Aberta “non apoiará en Pleno ningún sistema de bonos e similares, namentres non se cumpra co xa acordado e aprobado e se dea inicio ao procedemento preceptivo, co fin da posta en marcha do Programa Municipal de axudas a autónomos e Pemes ao que estaba vinculada a proposta de acordo, aprobada na sesión ordinaria do Pleno atrasado de Maio.

Unha proposta de bases reguladoras, que, lembrou, “foi trasladada e contrastada previamente á súa exposición coa intervención municipal” e que, de acordo co resultado da votación no antedito Pleno, “debería constituír a base sobre a que se artelle, en termos económicos e de tramitación, o necesario por reivindicado Plan Municipal.

 Mª Xosé Fernández, remarca a “inexplicable hostilidade” por parte do goberno do PSOE ao programa de axudas de Vilalba Aberta

por se tratar dunha iniciativa da formación asemblearia e que, “no seno do goberno de coalición xa trasladamos hai dous meses, caendo en saco roto”; mais tamén porque “a tramitación require dunha dinámica de traballo e de organización e planificación da que a día de hoxe carece o Concello, froito da ineficacia na xestión interna por parte do Goberno Municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.