Xa se poden solicitar as axudas comedor para o curso 2020/2021 en Arteixo

Axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación

CURSO 2020/2021

Establécense distintos prazos de presentación de solicitudes para :

  • Liña 1 (axudas para comedor escolar): 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.
  • Liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico): do 1 ao 20 de outubro de 2020.
  • Liña 3 (axudas á mobilidade para estudantes): prazo de UN MES que corresponderá co mes natural de outubro de 2020.

LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2020/2021

  • Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o seguinte á publicación no BOP (de 14 de xullo ata do 2 de agosto 2020). Ao coincidir o último día do prazo en domingo a data de remate será o dia 3 de agosto ás 14:00 horas.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.

Aconséllase consultar as bases reguladoras para toda a información necesaria.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h. Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa. Atenderase sen cita previa por orde de chegada dependendo da dispoñibilidade entre as citas previas.

Para solicitar cita previa:

  • Correo electrónico: educacion@arteixo.org indicando teléfono de contacto, nome e apelidos, DNI da persoa que acudirá á cita.
  • Teléfono: 981659144 (facilitando os mesmos datos)

No caso de desexar dispoñer de cita nun horario/data concreta pode facelo constar no momento de solicitala por calquera dos medios.

  • Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.