240.000€ para a mellora da eficiencia enerxética de cinco centros de saúde da provincia de Lugo

O uso de enerxías renovables nestas instalacións evitará a emisión de 72 toneladas ao ano

A Xunta de Galicia investirá 240.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de cinco centros de saúde da provincia de Lugo, o que evitará a emisión de 72 toneladas ao ano. Así, implantaranse caldeiras    de biomasa nos centros de Navia, Ourol, A Pontenova e Chantada, que na actualidade utilizan propano, e no da Pastoriza, que consume gasóleo.

Esta medida é froito dun acordo marco subscrito entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a de Sanidade, para impulsar o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nos centros de saúde, logrando edificios máis respectuosos co medio ambiente e sustentables.

No conxunto de Galicia actuarase sobre 28 centros, cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega. Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, como xa se fixo coa sinatura doutros acordos marco coas consellerías de Educación, de Política Social ou de Turismo dentro da aposta decidida do Goberno galego por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético. Deste xeito, ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.

Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal. Esta Estratexia xa ten permitido, no período 2014-2019, apoiar a instalación de 7000 caldeiras con aforros de 14M€ anuais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.