A Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia confirma a súa participación en Fairway, a feira do Camiño de Santiago

Será a primeira feira profesional á que acuda a entidade de recente creación

O Camiño da Ría Muros Noia estará presente na próxima edición da  Fórum dos Camiños de Santiago, Fairway, que se desenvolverá do 8, 9 e  10 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. A recentemente constituida Asociación do Camiño da Ría de Muros Noia ven de confirmar a súa presenza coa organización desta feira e congreso, o único das súas características que se celebra en España.

“Era un dos compromisos adquiridos na asemblea de constitución da asociación, tal e como consta no noso plan de accións aprobado para este 2020”, explicou a presidenta da entidade, Teresa Villaverde, quen destacou que “o noso obxectivo coa participación nesta feira especializada no Camiño de Santiago é o darlle visibilidade a todos os colectivos e empresas da Ría da Estrela e demais Concellos deste Camiño vencelladas coa Ruta Xacobea”.

Villaverde destacou, ademais, que a presenza da entidade cun stand propio na feira permitirá non só dar a coñecer o Camiño da Ría Muros Noia, as empresas e entidades vencelladas con él, se non abrir á porta a establecer sinerxías con outras empresas do ámbito xacobeo que queiran comenzar a traballar no noso territorio”, explicou.

Stand con deseño propio

A Asociación do Camiño da Ría Muros Noia contará no recinto ferial de Fairway cun espazo propio de 45 m/2  que lucirá un deseño propio e contará con espazo sufiente para que as empresas e entidades que quieran ir da man da entidade poidan dar a coñecer o seu traballo ou productos turísticos.  Para iso o stand contará con diferentes mostradores e mesas para poder manter xuntanzas de traballo, ademais dunha zona de audiovisuais para achegar información de destino.

A Asociación de Amigos del Camino de la Ría de Muros Noia, a Asociación de Hosteleiros da Ría da Estrela e  a Asociación de Náuticos de Galicia, ASANAUGA,  promotora da Travesía Náutica Xacobea xa confirmaron o seu interese en participar na feira baixo o paraugas do Camiño da Ría Muros Noia.  Cabe destacar, ademais, que FairWay é feira pero tamén congreso e workshop profesional, con espazo para desenvolver unha axenda de contactos profesionais polo que as empresas ou entidades que participen na feira no stand do Camiño da Ría de Muros Noia tamén poderán ter acceso a bolsa de contratación que se desenvolverá eses días en condicións económicas especiais.

Finalmente, a presidenta da Asociación tamén anunciou que se está a traballar nun programa de actividades para esas tres xornadas de feira que incluirá presentacións, relatorios, xuntanzas con outros colectivos e degustacións gastronómicas de productos e elaboracións propias do territorio atravesado por este camiño.

Fairway adaptado á nova normalidade

A sostenibilidade, o impacto do COVID19 no Camiño ou e o futuro Xacobeo2021 serán algunha das temáticas nas que se centrarán os contidos do Fairway, que se celebrará nesta cuarta edición adaptado á nova normalidade. Para iso a organización anunciou que reforzará todos os protocolos relativos a hixiene e distanciamento social así como o que atinxe a aforo, limpeza, desinfección e prevención para facer da feira un espazo seguro. Ademais, parte do encontro desenvolveras de xeito dixital, facilitando encontros vía streaming e con espazos habilitados para teletraballar e manter xuntanzas de traballo telemáticas e con hosted buyers de países estranxeiros que poderán estar así presentes de xeito online.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.