A casa do Concello de Meira recibirá melloras na accesibilidade

O Presidente e o Alcalde meirego asinan o convenio de colaboración para acometer as obras, que consistirán na instalación dun ascensor, na eliminación dos chanzos exteriores transformándoos en ramplas e na reforma da carpintería de aceiro inoxidable da entrada para permitir a colocación dunha porta automática

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 69.000€ para acometer obras de mellora da accesibilidade na casa consistorial do municipio, o que supón o 95% do total do orzamento necesario para executar o proxecto, que ascende a 73.000€.

José Tomé subliña que a Deputación “cumpre co compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Meira” con esta colaboración económica, que se enmarca na función esencial da institución provincial de cooperar cos concellos da provincia para mellorar os servizos que ofrecen á cidadanía, e polo tanto a súa calidade de vida.

As obras consistirán na instalación dun ascensor no vestíbulo da casa consistorial e na  eliminación dos chanzos exteriores, transformándoos en ramplas adaptadas co 10% de pendente. Ademais, reformarase a carpintería de aceiro inoxidable da entrada para permitir a colocación dunha porta automática.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.