A corrupción ibérica non poderá co noso Dépor

Hoxe, por enésima vez, volveuse a demostrar que neste «país» chamado Espanha non existe a xustiza cando está de por medio todo o que cheire a meseta, centralismo e prensa manipuladora saída das cloacas da capital do reino

Ese «Desembarco del Rey» no que a hipocresía e a venda nos ollos non ten límites, mentres «os de provincias» seguimos poñendo o cuíño a todo o que nos empetan dende alí como se non tuvesemos un mínimo ápice de amor propio.

Porque hoxe é fútbol, pero de sempre é política, sanidade, salarios e todo o que vos poidades imaxinar no día a día… A mafia que impera dende ese antro o goberna TODO, e o atropelo que sufríu a cidade de A Coruña é só un pequeno exemplo de algo que está enquistado ata as raíces máis profundas da cultura española. Esa sí que é a «Marca España», a da mafia, a corrupción e a manipulación nas máis altas esferas que copan institucións, sociedades e medios de comunicación da capi.

E todo isto co silencio cómplice dos clubes, moitos sen historia nin masa social pa encher tres filas de Riazor e que «calaron como putas», vendéndose por «4 reales» porque lles cunde as migallas dun reparto televisivo vergoñento e denigrante que o señor Tebas puxo nos seus petos orfos, aderezado todo con asentos e serigrafías á última neses estadios da xeografía ibérica máis profunda, que hai tres telediarios caían a trozos e que non aspiran a chegar a media entrada de aforo nin con 11 Messis no equipo local de turno… «¡gracias papi Tebas, qué bueno eres, Amén!» 👅💦

Pero pese a todo e a todos os que morden a man deste centenario club, seguiremos adiante defendendo as nosas cores con orgullo agora se cabe máis ca nunca. A Coruña e o Dépor son grandes, cunha magnitude representativa enorme que alcanza moito máis aló que un simple deporte… En Primeira, en Segunda ou en Segunda B… e iso é un sentimento contra o que ningunha mafia nin xustiza corrupta vai a poder, xamais!

💙 O DÉPOR SOMOS NÓS 💙

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.