A Deputación achega 9.000€ á asociación AGORA para a atención de 30 persoas con capacidades diferentes

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Presidente da asociación AGORA, Manuel Barreiro Conde, renovaron este martes no Pazo de San Marcos a colaboración que mantén a institución provincial con esta entidade por un valor de 9.000 euros. A través desta axuda, a institución provincial colabora no servizo de estimulación cognitiva e habilidades sociais para persoas con capacidades diferentes da comarca de Lemos, mellorando as súas capacidades encamiñadas a ter unha maior participación no seu entorno e mellora do seu benestar emocional. AGORA atende a día de hoxe a uns 30 usuarios de xeito directo e conta con 91 socios.

Tomé Roca puxo en valor a importancia de colaborar, desde as administracións públicas, con este tipo de colectivos sociais que traballan pola igualdade e a plena integración dos seus usuarios e usuarias na sociedade, ao tempo que melloran a súa calidade de vida e de benestar.

A asociación AGORA nace no ano 1992 co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con capacidades diferentes. O seu ámbito de actuación é a comarca de Lemos e desenvolve distintos programas e servizos para facilitar a atención que precisan os seus usuarios e usuarias, así como as súas familias.

Nesta liña, a asociación AGORA conta cun centro de día no que prestan atención psicolóxica, estimulación cognitiva, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, ximnasia de mantemento, ou musicoterapia, entre outras actividades. Ademais, prestan un servizo de vivenda tutelada a través do cal ofrecen atención domiciliaria a usuarios con necesidade de apoio nun entorno normalizado e integrado de convivencia, fomentando a autonomía persoal e un clima acolledor.

Durante o período de confinamento provocado pola pandemia da COVID-19, AGORA continuou atendendo aos seus usuarios e usuarias a través de recursos dixitais como videoconferencias e tamén chamadas telefónicas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.