A moción para un Viveiro ciclábel debaterase este 4 de agosto

A moción do BNG para un Viveiro ciclábel presentada á veciñanza xa hai mes e medio, debatirase  no pleno desta vindeira terza feira día 4

A concelleira do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez aclara que «nesta moción o que teñen as propostas de ambiciosas téñenno de básicas e necesarias, calquer persoa que viaxara un mínimo puido constatar como todas as cidades que progresan están a apostar por este tipo de mobilidade que só trae beneficios. O que pretendemos é mellorar o rol da bicicleta en Viveiro, pois no BNG temos claro que é o camiño a seguir.

A moción dos nacionalista contén puntos nos que se propón a creación de ciclorúas, dotar de aparcabicicletas os lugares públicos e de gran afluencia, permitir amarrar libremente as bicicletas e patíns en farolas e árbores sempre e cando non dificulte a mobilidade peonil, pintar zonas avanzadas de espera para ciclistas nos semáforos, crear unha comisión de seguemento e estudo co fin de seguir ampliando o rol da bicicleta e promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel.

A portavoz do BNG ve moi positivo o punto de crear unha comisión de seguemento na que podan participar os colectivos que así o queiran, e aclara: “nesta comisión poderánse concretar tempos, datos económicos e investimentos, incluíndo o de crear un sistema de alugueiro de bicicletas municipal, implantar carrísbici ao longo do concello, aplicar medidas de seguranza, etc”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.