A mostra ‘Dentro do tempo’ de Alfonso Costa poderá visitarse ata o 5 de setembro no Colexio de Fonseca

Este proxecto expositivo prorroga a súa apertura ata o a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas

O pintor noiés Alfonso Costa propón unha reflexión profunda sobre o proceso creativo e a condición humana a través dos seus traballos dos últimos anos. Partindo do impacto causado polo desastre de Fukushima en 2011, cada un dos lenzos que integran a mostra ‘Dentro do tempo’ convértense nunha metáfora pictórica sobre a transformación que o ser humano foi sufrindo a medida que a sociedade e a tecnoloxía avanzaron. A exposición que se inaugurou no pasado xullo, poderá visitarse ata o vindeiro sábado 5 de setembro.

Costa tamén incita a concibir, a través de toda unha serie de obras nas que “a luz e as sombras manteñen unha intensa tensión interna, a volta ao esencial como o camiño que permita atopar eses rastros de humanidade perdidos”, explica o artista. Obras de gran formato, intensos cromatismos, xeometría e figuración variables, así como unha sobriedade contida, son algúns dos trazos deste proxecto expositivo que se manterá aberto ata o sábado, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, na sala de exposicións do Colexio de Fonseca.

FOTO: Santi Alvite

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.