A nova directiva do Club Cidade de Narón foi recibida no Concello

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello, xunto co concelleiro de Deportes José Oreona, á nova directiva do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala

A nova directiva da entidade deportiva, está composta pola presidenta Almudena Fariña Gato, vicepresidente Avelino Cinza Novo, secretario José Vicente Seoane Rey, tesorero Javier Alves Testa, e vocal Roberto Ortega García.

Os representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento ao apoio institucional do Concello nesta etapa e expresaron a súa intención de comezar a traballar xa co primeiro equipo a finais do presente mes de agosto. O traballo da temporada co resto de equipos irase preparando en función da situación sanitaria na que se vaia desenvolvendo a vida social e deportiva da comunidade como consecuencia dos efectos da Covid-19 e cómo vaia evolucionando a nivel da sociedade.

Ferreiro reafirmou o apoio do Concello nesta nova andadura ao Club Cidade de Narón e manifestou a súa satisfacción polo impulso que supón sempre o compromiso dunha serie de persoas dispostas a traballar polo tecido deportivo naronés posibilitando a práctica deportiva de unha gran parte da mocidade, promovendo a adquisición de hábitos saudables e valores solidarios de traballo en equipo. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes desexáronlle moitos éxitos ao Club Cidade de Narón FutSal e ao novo equipo directivo da entidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.