A Policía Local de Marín contabiliza 17 positivos por alcol e drogas na noite deste sábado

Os axentes realizaron tres puntos de control en diferentes puntos da vila localizando en todos a condutores con taxas positivas

A Policía Local de Marín despois de mostrar a súa preocupación debido ao aumento dos positivos por alcol, nas últimas semanas, incrementou esta fin de semana os controis de alcoholemia na vila tal e como se viña informando nos últimos días.

Este último sábado, os axentes realizaron 3 puntos de verificación en diferentes lugares da vila, localizándose en todos eles, condutores que deron positivo tanto en alcol coma en drogas.

Tan só na noite do sábado a Policía Local contabilizou un total de 17 probas positivas por alcol e drogas nos controis feitos no municipio.

En total os axentes denunciaron a 8 persoas por dar positivo nas probas de alcol, a 8 por incluír algún tipo de droga no seu organismo e a un condutor instruíronselle dilixencias penais por dar unha taxa positiva de alcol cun índice de 1,13 mm.g/l.

É importante reiterar o perigo que supón conducir baixo os efectos do alcol, tanto para o condutor coma para os demais usuarios da vía, e que este tipo de infraccións poden chegar a supoñer penas de cárcere para os infractores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.