A Policía Local de Marín probará a última versión do programa XesPol

O Morrazo foi a primeira comarca en agrupar a todos os seus axentes locais nesta plataforma que permite dar trámite a calquera actuación administrativa ou realizar calquer tipo de informes de forma máis sinxela

A Policía Local de Marín xunto coas demais Policía Locais do Morrazo probará a última versión da plataforma XesPol para que entre elas, poidan crear e compartir “ alertas ” e avisos ” de interese policial.

O Morrazo é a primeira comarca de Galicia na que todas as súas policías locais actúan baixo uns mesmos protocolos de actuación dando así unha mesma resposta na tramitación administrativa, penal ou de tráfico.

No ano 2019 a Policía Local de Marín uniuse a esta plataforma debido aos bos resultados acadados nas probas realizadas en outros municipios da comarca no que fora testada esta aplicación que foi desenvolta por dous policías locais de Carballo.

Entre os máis de 40 usos que XesPol pon disposición dos seus usuarios están a investigación dos accidentes de tráfico no núcleo urbano ou a tramitación de calquera dos delitos contra a seguridade viaria.

Os axentes poden dende este programa dar trámite a calquera actuación administrativa ou realizar calquera tipo de informes facendo máis doado o traballo grazas a os máis de 350 documentos que XesPol xa ten predeterminados, atendendo a concreta necesidade que o seu usuario lle poida demandar.

Dentro desta nova versión, que será probada pola Policía Local de Marín, os seus autores destacan a importancia de tres novos usos : o que permite instruír e deixar constancia das medidas asistenciais e procesuais que as policías locais poden e deben tramitar nas súas actuacións sobre Violencia contra a Muller ou Doméstica; a axenda para o control das ordes de servizo e eventos policiais e, por último, a posibilidade de poder xestionar calquera actuación policial integramente en galego, o que viría a converter a XesPol na única plataforma policial bilingüe.

Desde as diferentes xefaturas destacan que a chegada da Plataforma XesPol ás Policía Locais do Morrazo significou o poder contar cunha ferramenta policial que protocolariza actuacións, unifica a nosa imaxe policial e garante que calquera trámite administrativo, penal ou de tráfico sexa xestionado do mesmo xeito e baixo os mesmos modelos de actas ou dilixencias en todos os Concellos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.