A Praza de Abastos de Lugo abrirá o vindeiro sábado en horario de mañá

Cristina López: “Trátase dunha iniciativa das praceiras e praceiros coa que colaboramos desde o Goberno Municipal”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o vindeiro sábado, 15 de agosto, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela. Cristina López declarou que “desde a área de Participación seguimos a colaborar coas praceiras e praceiros  para ofertar mellores servizos nunha instalación histórica do centro de Lugo como é a Praza de Abastos”.

“Queremos fomentar o comercio local e de proximidade entre as veciñas e veciños de Lugo, facilitando que se poidan achegar a mercar na Praza e ao Mercado”, afirmou Cristina López, que lembrou que “desta maneira tratamos de colaborar tamén en reducir o impacto que a crise sanitaria produza nos distintos negocios da Praza e do Mercado Municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.