A Xunta supera o millón e medio de unidades de protección contra o coronavirus subministradas aos centros asistenciais lucenses

Nesta ocasión distribúe 76.500 unidades, especialmente máscaras e luvas, entre 76 centros de 36 concellos da provincia

A Xunta de Galicia está a realizar unha nova distribución de material de protección contra o coronavirus nos centros asistenciais da provincia de Lugo, coa que supera o millón e medio de unidades subministradas dende o comezo da crise sanitaria.

En concreto, con esta nova entrega o material facilitado ascende a 1.570.089 unidades, entre o que destacan 725.280 luvas, 770.061 máscaras e pantallas faciais, 17.282 batas e mandís, 48.300 gorros e calzas, así como xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

Actualmente está a realizar subministros semanais que benefician a todas as residencias, vivendas tuteladas ou institucións similares -en xeral centros de maiores, menores, persoas con discapacidade ou inclusión- que figuran nos rexistros oficiais da Xunta, sexan de xestión pública ou privada. A Administración galega quere contribuír así á seguridade de traballadores e usuarios destes servizos, que son máis vulnerables ante a pandemia da covid-19.

Neste sentido, estes días está enviando material a 76 centros de 36 concellos lucenses, 76.500 unidades entre as que destacan 37.400 luvas e 38.529 máscaras e pantallas faciais. Tamén se entregan calzas, gorros, batas e xel desinfectante.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.