Aberto ate o 14 de agosto o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e comedores escolares do curso 2020-2021 en Narón

A concelleira de TEGA, delegada da áreca de Ensino, Mercedes Taibo, recorda que o Concello mantén aberto ate o venres 14 de agosto o prazo de solicitude das axudas municipais para adquisición de material didáctico escolar para alumnado de centros de ensino públicos e concertados e as axudas de comedores para alumnado de centros concertados no vindeiro curso académico 2020-2021

Taibo indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial. Diríxense a familias empadroadas en Narón e  cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as de material escolar, e de: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as dos comedores escolares.

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas destinatarias destas axudas, documentación a presentar ou impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.