Achega de máis material de protección contra a COVID-19 para 86 residencias e centros asistenciais lucenses

Hoxe complétase o novo envío, que eleva a máis de 1,4 millóns as unidades distribuídas, especialmente luvas e máscaras

A Xunta de Galicia continúa subministrando material preventivo contra a Covid-19 ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo. Hoxe complétase un novo envío que suporá a entrega de 83.200 unidades de protección en 86 centros.

Nesta ocasión achéganse 40.200 luvas, outras tantas máscaras e pantallas faciais, 515 botes e garrafas de desinfectante, 2.000 calzas e gorros, e 350 batas.

Desde o inicio da situación de emerxencia sanitaria, a Xunta leva entregadas máis de 1,4 millóns de unidades de protección que chegaron a todos os centros que figuran no rexistro autonómico, tanto xestionados por administracións públicas -a propia Xunta, a Deputación Provincial ou concellos-, como por  asociacións, fundacións e outras entidades sociais.

As entregas realízanse en centros de maiores, menores, discapacidade, inclusión, igualdade e xuventude existentes nos concellos lugueses. A Administración galega quere contribuír así a que o persoal destes servizos, máis vulnerables ao contaxio por coronavirus, poida traballar de forma segura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.