Agoraphobia e Eme Dj, un dos eventos estrela do ciclo Elas Son Artistas no Concello de Sada

O ciclo metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas, chegará ao Concello de Sada da man de Esperto Movimiento Cultural o próximo sábado 15 de agosto cunha cuarta cita moi especial: Agoraphobia e Eme Dj

A fórmula de Agoraphobia refínase no seu último traballo, ‘Unaligned‘, onde atopan o equilibrio entre melodía e contundencia. Dez cortes que remiten ao rock alternativo, ao indie contundente e eo stoner daqueles noventa e primeiros dous mil nos que as guitarras volveron á palestra. Destilan unha mestura tan explosiva como máis madura e escura, nun disco no que se nota que se espremeron ao 100% e que sorprende aínda máis en directo.

Ao mesmo que Marta Fierro, máis coñecida como Eme DJ, é unha das  DJ cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-disco-pop de toda a península. Picou nos festivais máis importantes como o FIB Benicássim, Sónar, MTV Europe Music Awards, Arenal Sound, entre moitos outros, e o próximo 15 de agosto xogará na casa.

Aforo limitado e protocolo COVID.

Como na maioría dos espectáculos, esta cita na zona do Curruncho no Concello de Sada (22:00 horas) contará cun aforo limitado a 350 persoas. Será de balde, pero haberá que reservar invitación a partir do próximo luns 10 de agosto.

Todos os asistentes teñen que levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de levala) e no acceso ao recinto haberá xel hidroalcólico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.