Alternativa alerta que as zonas rurais de Cambre “requiren atención”

Zonas afastadas dos núcleos urbanos do municipio reclaman mais atención por parte do Goberno Municipal
Alternativa dos Veciños reuniuse con varios veciños e veciñas de Anceis, Altamira, San Benito e Santa María de Vigo para tratar a situación de carencia que están a ter cos servizos básicos. Dende a mala xestión e organización da limpeza de fincas e cunetas, arquetas tupidas, carencia de rede de sumidoiros, mala ou nula conexión a internet, problemas de abastecemento de auga ou un servizo de transporte público deficiente foron algunhas das queixas que Alternativa dos Veciños recibiu por parte da veciñanza de ditas áreas.
O goberno non para de cementar as áreas de maior concentración de veciños como a Barcala, O Temple e Cambre, eliminando aparcadoiros. Núcleos que, ademais, carecen de espazos para ocio e deporte, así como zonas verdes.
Alternativa dos Veciños demanda unha maior atención os núcleos rurais totalmente esquecidos por parte do Goberno Municipal.