Arbo adopta máis medidas para a prevención da COVID-19

O Concello de Arbo contrata o servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19

Tendo en conta a situación de pandemia actual, é especialmente importante que co fin de evitar posibles rebrotes, se preste especial atención a desinfección das zonas de maior afluencia da poboación, como é o caso de Prazas, rúas e viais municipais polo que o Concello de Arbo, acaba de adxudicar o contrato de servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19 a empresa que leva realizando a desinfección con camión atomizador nos últimos meses.  A empresa adxudicataria conta con toda a maquinaria e os medios persoais para seguir realizando estes traballos por todas as parroquias. O servizo que se vai a realizar será o de desinfección mediante camión pulverizador. Os produtos desinfectantes serán a cargo do concello de Arbo. As desinfeccións serán semanais e o contrato que ascende a 15.000,00€.

Según informes sanitarios, considérase que a forma de transmisión do virus entre humanos ocorre por un determinado tipo de pingas que se emiten ao tusir, falar ou respirar por parte dunha persoa infectada, e que polo seu tamaña e peso, están presentes en aerosois a distancias curtas e medias (a OMS recomenda unha distancia mínima de un metro e medio) e que tenden a depositarse sobre as superficies próximas, polo que ás principais vías de transmisión do virus son a vía aérea e a vía de contacto. Por este motivo, as aglomeracións que poden darse nos viais púbicos poden significar factores de risco engadido para o contaxio.

Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, manifesta o seu agradecemento e orgullo por que durante ós difíciles momentos ofreceron a súa axuda, os voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques, chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos. Nestes momentos é tendo en conta que moitos de eses voluntarios traballan en adegas ou dedícanse a viticultura, e sendo a partires de agora a época de máis traballo neste sector, non poden seguir cumprindo con esta labor.

Durante toda a crise sanitaria e dende antes de decretarse o Estado de Alarma polo Goberno de España, o Concello de Arbo cumpriu con todo o establecido para controlar o COVID-19,  seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio, conseguíndoo cos nosos recursos e axudas doutros organismos, e anticipándonos sempre a  que a COVID-19 non afectase a Arbo, tal e como sucedeu.

Co todo o acontecido e como medida de prevención, dende un primeiro momento o Concello de Arbo, adoptou un protocolo de desinfección de rúas, beirarrúas, prazas e vías. Neste intres o Goberno de España e a Xunta de Galicia, nos seus decretos e ordes, asignan as responsabilidade de previr e adoptar as medidas necesarias fronte a  crise sanitaria aos concellos.

A época do ano na que nos atopamos fai que o desfrute das zonas de lecer, espazos públicos e que o tránsito polos viais municipais  sexa de máis afluencia polo que é necesario que se adopten polo Concello medidas de prevención que minimicen o risco de transmisión do SARS-CoV-2, de maneira que se poida facer un uso máis seguro dos lugares públicos pola poboación de Arbo e visitantes a noso pobo, informa o alcalde Horacio Gil. Co servizo de desinfección pretendese cumprir cos protocolos establecidos polo Goberno de España e a Xunta de Galicia, para a limpeza e desinfección de rúas, viais municipais e lugares onde se concentra maior aglomeración remata o rexedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.