Arteixo terá matrona durante as vacacións

Alternativa dos Veciños de Arteixo conseguiu que o Sergas finalmente cubra as vacacións da única matrona da que dispón a atención primaria do municipio

A principios de mes chegábanos a noticia de que o Sergas non tiña ningunha intención de cubrir as vacacións da única matrona da que dispón o municipio. Esta decisión por parte do Sergas, causaría un grave prexuízo para as mulleres do municipio que necesitan desta especialidade. Por suposto, tamén para a matrona, que á volta das súas vacacións atoparíase, unha vez máis, desbordada de traballo. Por iso, dende Alternativa dos Veciños solicitaron ao Sergas que recapacitase e procedese a cubrir as vacacións da matrona titular.

Onte, coñeceuse de que finalmente o Sergas cubrirá as vacacións da matrona titular do centro de saúde de Arteixo.

Doutra banda, Alternativa dos Veciños continúa a “reiterar ao Sergas que cumpra o compromiso acadado no pasado mes de febreiro, por parte da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, de contratar outra matrona para o Centro de Saúde de Arteixo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.