Carballo acomete o proxecto de mellora da accesibilidade e dos usos no pavillón do CEIP Fogar

As obras, que veñen de ser adxudicadas por 53.215 euros á empresa local Covisam Norte, comezarán nos vindeiros días

O Concello de Carballo vén de adxudicar á empresa local Covisam Norte as obras de reforma do pavillón do CEIP Fogar, nas que realizaremos un investimento de 53.215,80 euros coa finalidade de mellorar a accesibilidade e a seguridade dende a rúa e aproveitar un espazo libre entre a edificación e o muro de peche para a creación dun novo acceso e tamén almacéns.

A instalación gañará 108,29 metros cadrados, que se distribuirán entre a nova zona de acceso-vestíbulo e varios almacéns de distintas dimensións. A ampliación contará cunha cuberta de paneis sándwich illantes de aceiro, peche de muro de bloque con fachada de paneis de madeira-cemento e portal de acceso de corredeira en aceiro galvanizado co mesmo acabado. No interior, a obra inclúe as divisións, carpintería, solos, pintura e falsos teitos.

O obxectivo do Concello de Carballo é que os traballos arrinquen canto antes coa finalidade de causar as menores molestias posibles no inicio do curso 2020-2021.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.