Carmela Silva: “A formación ten que ser a gran prioridade, non podemos mirar a outro lado aínda que esteamos nunha situación de pandemia”

Aínda que esteamos nunha situación de pandemia”. Baixo esta premisa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da xeración de crédito para o programa “Practicum Depo 2020”, aprobada este venres pola Xunta de Goberno do ente local. “Temos que seguir poñendo en marcha proxectos de formación para todo o alumnado”, polo tanto, este Practicum Depo “levarase a cabo con todas as medidas e garantías”. Para esta nova edición do programa o ente provincial aporta 162.976 euros do total do orzamento, que ascende a 734.027 euros. O resto da contía, 571.051 euros, é aportada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), adscrito ao Ministerio de Universidades.

A través desta sexta edición de “Practicum Depo” poranse en marcha 96 mobilidades de alumnas e alumnos e 11 de formación de persoal docente. No programa participan 37 centros educativos de 21 concellos da provincia, que enviarán ás e aos participantes en Practicum Depo 2020 a países como Irlanda, Italia, Portugal, Malta, Alemaña, Grecia, Finlandia e Países Baixos durante os 24 meses que durará esta iniciativa.

Carmela Silva lembrou que “o obxectivo deste programa é levar a cabo a mobilidade de estudantes graduados de Formación Profesional de ciclos medios co fin de colaborar na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras. Do mesmo xeito, o programa tamén serve para que os profesorado poida beber de novas fontes de coñecemento para poder aplicalas despois nas aulas da nosa provincia”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.