Comezan as obras no camiño de Esmoriz en Arbo

O prazo de execución do contrato será de 3 meses

Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Con este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións  de agricultores e veciños e veciñas  da zona- Informa o alcalde do Concello de Arbo – A obras acométense  por mor do mal estado do camiño de Esmoriz  e tamén se pretende a mellora das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, co fin de dar un mellor servizo aos seus habitantes, e así prevese a implantación da rede de saneamento que non existe en dito camiño de Esmoriz.

“O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Una das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos” – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. “Dende a chegada ao goberno municipal, atender as demandas  dos veciños e veciñas de Arbo, é o noso obxectivo principal e ás máis de 350 obras executadas avalan o noso compromiso cos arbenses”, remata o rexedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.