Continuan os traballos de pintado da sinalización horizontal en Lugo

O concelleiro de Infraestruturas lembrou que “o pintado avanzará de maneira uniforme por toda a cidade”

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou na pasada noite a realización dos traballos de pintado da sinalización horizontal de toda a cidade que se realizarán durante os próximos 4 meses. “Trátase dunha intervención importante que permitirá mellorar a seguridade vial e a imaxe da cidade”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “é unha actuación necesaria que desde a área de Infraestruturas comezamos a proxectar nada máis chegar ao goberno municipal”.

Alexandre Penas lembrou  que se modificará o pintado adaptándoo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento. Alexandre Penas lembrou que “todas estas modificacións tratan de dar resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptar a sinalización das vías aos avances na mobilidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.