Da comezo a actividade atlética en Galicia

A progresiva volta ás pistas comezará da man dunha serie de probas, logo de que as dúas grandes citas como son o Campionato de Galicia os días 29 e 30 de agosto en Pontevedra e o Campionato Nacional absoluto os días 12 e 13 de setembro en Madrid esten xa no calendario

As probas previas a eses dous campionatos comezan a concretarse e a organizarse xa que a idea básica segundo Carlos Castro Director Técnico da FGA é a de ¨facer que cada atleta poida competir en a lo menos unha proba previa ao galego¨

Para elo trabállase en principio con tres probas, a primeira das cales será un control federativo en Pontevedra o vindeiro día 7 de agosto que baixo o nome ¨Voltamos” pretende ser o comezo da nova realidade deportiva actual.

Seguidamente a esa data virá a Festa do Atletismo Galego. Peregrina 2020 o 14 de agosto e o Meeting Ourense Termal o 21 que completarán a oferta de probas malia que non se descarta a posibilidade de facer outra cuarta proba sobre o día 22 caso de que non se poida completar a premisa de ¨un atleta, unha proba antes do galego¨

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.