Dequenvessendo actuará o vindeiro 20 de setembro en Narón no parque fluvial de Freixeiro

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a actuación do grupo de música galega Dequenvessendo, prevista para o vindeiro 20 de setembro ás 12.00 horas no parque fluvial de Freixeiro. A edil naronesa explicou que se trata dunha proposta concedida ao Concello pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que coincidiría no tempo e espazo coa celebración da “Festa do Xogo” organizada polo Concello

“A través desta actividade apostamos por dinamizar o uso da lingua galega, neste caso a través dunha proposta musical dun grupo cun marcado carácter folk e moi recoñecido no panorama galego”, apuntou. Bieito Romero, Irene Cerqueiro, Pablo Rosales, Nathael Regueiro, Miguel Ocampo e Miguel Rosales integran a formación Dequenvessendo, que interpretará na cidade temas do seu álbum “Cantos das xacias”.

Taibo avanzou que non será preciso inscribirse previamente para poder asistir, se ben se instalará unha zona con cadeiras para o público e se establecerán as pertinentes medidas sanitarias de prevención fronte á Covid-19, que deberán cumprir todas as persoas que acudan ao concerto e tamén á Festa do Xogo prevista para o vindeiro 20 de setembro en Freixeiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.