Efecto “boomerang”.Por @DulceCorcu

Xa sabemos como funciona ese aparello de perfil aerodinámico que, una vez lanzado, se non impacta no obxectivo, volta ao punto de orixe. E tal que así podería definirse a actuación da CENPIDA (Centro Nacional Policía de Integridad en el Deporte y las Apuestas) contra o capitán deportivista Álex Bergantiños, a quen a xuíza Margarita de Ron vén de exonerar de calquera tipo de delito, non sen antes dar un rapapolvo a eses esforzados policías que viñeran detelo ás portas da súá casa, en cuestión de horas e cunha celeridade digna do mesmísimo Equipo A, sempre en loita contra o crime.

Sobreseído o caso, a xuíza amosa estupor pola ausencia total de proba algunha que poidese determinar comportamentos ilícitos, máis alá dunha conversa informal e privada, onde tamén reprocha á policía que, aínda sendo tomada en serio, é en base ao Código Penal onde se dilucidará se houbese algo punible, que nin remotamente era o caso e podía velo ata un cego, pero non era visíbel para un corpo policial que persigue o delito incluso cando non existe. A xuíza insiste na detención “intempestiva”, sen acreditar que nin sequera tivesen interese en investigar se no equipo contrario tamén había algún posible infractor porque ela, que para iso terá estudos, entende que de querer adulterar o resultado da competición, fan falla cómplices tamén no outro lado. Non houbo tal, e a perplexidade da maxistrada deixa patente que, de haber algún “paripé”, foi o orquestado dende Madrid.
Aínda que xa estaba fóra de toda dúbida, a integridade de Bergantiños queda tamén plasmada nunha sentenza que debera abochornar a quen fose dirixida. Pero alén diso, o capitán branquiazul non conforma coas boas palabras e quere que o “boomerang”, desta volta, vaia en sentido contrario, e por tal motivo vén de denunciar a eses mesmos policías dos que a propia xuíza resume a súa manifesta incompetencia. Unha semana despois de serlle requisado, Álex por fin puido recuperar o seu teléfono móbil, incomprensiblemente trasladado a Madrid, nun despropósito máis dunha actuación que nin nas peores películas de serie “B”. Recursos públicos e credibilidade postos ao servizo de intereses particulares, coa exclusiva fin de desacreditar a quen non ten nada que agochar. Que non saia de balde ser tratado coma un delincuente, un criminal perigoso ao que apartar das rúas para que non “moleste” a algúns poderosos. Se o tocan a el, tocan a todo o deportivismo. Quizais iso era o único co que non contaban en Madrid. Pero #EDeXustiza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.