Elena Candia: “Temos que xestionar ben o éxito electoral, traballando con unidade e antepoñendo os intereses dos cidadáns”

“Veño a Chantada a dar as grazas, porque a provincia de Lugo tivo un  resultado moi bo; por primeira vez fomos o primeiro resultado de Galicia  e niso ten moito ver un gran líder”.  Destacou a importancia simbólica de Chantada para o PP de Lugo, porque “é a alcaldía máis grande que temos na provincia”.

Candia fixo un chamamento a xestionar este éxito electoral “para traballar para as seguintes eleccións  e especialmente naqueles sitios nos que estamos na oposición”. Como deputada, dixo,  “teño que facer oír a voz da provincia no Parlamento; esa será a miña responsabilidade e póñome a vosa disposición”. Expresou a súa total disposición como presidenta provincial do partido e como deputada “para construír xuntos e para falar das cousas do partido, de proxectos e de investimentos”. É preciso, dixo, traballar xuntos porque “ vén un momento moi complicado, hai moitos negocios que teñen neste momento un futuro moi incerto, coa economía baixando en porcentaxes brutais”. No plano político, destacou que, a pesar da dificultade do momento,  “a oposición non da tregua”. Considera que “é o momento de sumar e de axudar no que se poida”.

Unha vez máis, recordou que desde que asumiu a presidencia provincial, o seu obxectivo é conseguir que o PP de Lugo “sexa un partido vivo, no que a xente  opine; este tipo de reunións sempre veñen ben, porque hai moito do que falar e eu sempre estou a vosa disposición”. Candia fixo un recoñecemento explícito “á xente de base” do partido”.

“Creo neste proxecto político e creo en Feijóo, senón nunca deixaría a alcaldía por acompañalo nunha lista; institucionalmente nunca fallou e seguramente nunha época tan difícil o único bo que temos é  o privilexio de que a xestiona unha persoa coa súa altura de miras e da súa responsabilidade”.

“Galicia é o sitio no que se mira toda España, porque temos un gran líder e grazas á xente coma vosoutros”.

Polo seu lado, o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, explicou que a reunión inicialmente estaba prevista para entre 40 e 50 persoas, pero finalmente, á vista da situación dos rebrotes da covid-19, fíxose máis reducida.  Manifestou: “O resultado conseguido en Galicia é un exemplo para todo o país.  Alberto Núñez Feijóo fixo cousas extraordinarias e na provincia de Lugo unha cousa extraordinaria foi  elixir a Elena Candia como cabeza de lista. Foi un fito conseguir nove deputados na provincia de Lugo”. Indicou que, desde o seu punto de vista, “estas eleccións quen as gañou foi Alberto Núñez Feijóo; todos axudamos, pero senón fora el o candidato non se gañaban así estas eleccións. Foi un éxito tremendo, que oxalá se repita noutros sitios”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.