Éxito absoluto na primeira cita das Paisaxes Sonoras

Público, música e contorna, os verdadeiros protagonistas dunha exitosa primera cita do ciclo Paisaxes Sonoras

Durante algo máis dunha hora, Juan Zelada, Julián Maeso e Alberto Anaut ofreceron unha selección dos seus mellores temas cunha escolma de estándares do soul americano de todos os tempos. O resultado foi unha exhibición de talento, onde os músicos amosaron a súa condición de virtuosos nos seus respectivos instrumentos. Coa posta de sol como escenario, a banda soubo introducir ao público asistente nunha viaxe sonora que namorou e convenceu aos presentes.

Paisaxes Sonoras é un proxecto de traballo conxunto do que forman parte activa a Mancomunidade Barbanza-Arousa e as catro concellerías de Cultura dos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira. Trátase dunha acción de ámbito turístico-cultural totalmente adaptada á situación actual provocada pola Covid-19, con un ambicioso Plan de Seguridade e Continxencia

O público

O concerto presentou un cheo total co engadido dalgúns paseantes que permaneceron na pasarela baixo a atenta mirada do servicio de Protección Civil de A Pobra do Caramiñal, que foi a encargada de garantir a seguridade fóra do recinto habilitado para o concerto.

Cabe destacar a colaboración do público asistente co cumprimento do protocolo de seguridade sanitaria establecido, normalizando así, un sistema que garante a protección de asistentes e traballadores e que se erixe como a única solución para a celebración de eventos culturais.

Próxima cita: Carlos Blanco no Pazo de Rianxiño

Carlos Blanco actuará baixo a sombra do ‘Hórreo de Rianxo’. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus casi 25 metros de longo, tardou casi 10 anos en ser construido. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

A programación: entradas esgotadas para todas as citas

Ademáis de Carlos Blanco, o 22 de agosto estarán os Triángulo de Amor Bizarro en Boiro e o 29 de agosto, Guadi Galego en Ribeira. Para todas as citas, as entradas están esgotadas.

A cita

Paisaxes Sonoras

Carlos Blanco & Pazo de Rianxiño | 15 de agosto
Apertura de portas: 19.00 h

Comezo do espectáculo: 20.00 h

Entradas esgotadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.