Guadi Galego clausura a primeira edición de Paisaxes Sonoras na antiga fábrica de salazón en Castiñeiras

Será este sábado 29 de agosto, a carón da antiga fábrica de Salazón de Castiñeiras en Ribeira, onde Guadi Galego poña o broche de ouro a primeira edición do Paisaxes Sonoras.
O ciclo, organizado pola Mancomunidade Barbanza Arousa en colaboración cos concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, buscou a posta en valor do patrimonio e a fusión do mesmo coa música e a palabra. Boa mostra é a maridaxe á que asisteremos este sábado no concerto de Guadi Galego, unha das compositoras máis salientables da nosa música que actuará nunha contorna única.A cita dará comezo as 20 h a pesares de que as portas estarán abertas ás 19 h. Todas as entradas están esgotadas

Ribeira: A antiga fábrica de Salazón de Castiñeiras

O concerto terá lugar na antiga fábrica de salazón, datada a principios do século XIX e enmarcada dentro da área de esparcemento de Punta do Castro.
Enclavada en zona de dominio público marítimo-terrestre, preside a praia do Castro e ofrece unhas vistas privilexiadas á entrada da ría e a illa de Sálvora.

A artista: Guadi Galego

Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. Tras tres discos en solitario ‘Benzón’, ‘Lúas de outubro e agosto’ e ‘O mundo está parado’, chega ‘Immersión’, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de “Cedeira” na que colabora Iván Ferreiro.

Actualmente está inmerxa na xira de presentación do seu último traballo, aclamado unánimemente por crítica e público. Nesta ocasión, Guadi ofrecerá un concerto especial a dúo, adaptado a nova realidade e ao aforo vixente.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.