Inaugurada esta mañá a 49 Feira do Libro

Na que se darán cita máis de cen escritoras e scritores até o 10 de agosto e na que haberá un total de 16 expositores, dos que catro son editoriais e doce corresponden a librarías. A edil falou da necesidade de apoiar a cultura e a todos os axentes que a axitan porque “ler é soñar e estarmos noutrora, en lugares que só existen na imaxinación e ao lado de personaxes cos que nos rir e chorar”.

A escritora coruñesa Érica Esmorís recordou en calidade de pregoeira a súa nenez na Coruña cando os xardíns da súa infancia eran conquistados polos libros para definir a fila de casetas instaladas en Méndez Núñez como unha península: “As e os   coruñeses non somos insulares grazas aos libros”. A autora sinalou que, para ela, a feira era e é infinita polas “infinitas posibilidades” que ofrece e convidou ás e aos coruñeses a que escollan un libro que os pertence: “Pertencédesvos mutuamente”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.