Jorquera. “A rúa Juan Montes, situada no barrio da Gaiteira, presenta un estado de alarmante abandono”

O abandono maniféstase na falta de renovación do pavimento, que presenta múltiples desperfectos, na non substitución de papeleiras rotas ou na existencia dun vehículo, en concreto unha furgoneta, estacionado á beira dun paso de peóns desde hai ben tempo sen que se saiba a quen pertence.

Hai máis, denuncia Francisco Jorquera: “No número 21 da rúa existe un soar abandonado, que, alén do seu brutal impacto visual, é un foco de sucidade e degradación”.

A medio desta iniciativa o BNG insta o Goberno Local a que requira do propietario do soar que “o limpe e manteña en bon estado”. De non atender o requerimento, o Concello tería de “aplicar as sancións oportunas e actuar de xeito subsidiario”.

Entende o portavoz nacionalista que “recuperar, humanizar e poñer en valor o espazo urbano debe ser unha prioridade na actuación do Goberno Local”, pola cal o interpela sobre que medidas ten previsto despregar para “evitar a degradación desta rúa”,

Jorquera pregúntalle aínda ao executivo presidido por Inés Rey por que non se completou a pavimentación da rúa, por que razón non foron substituídas as papeleiras rotas e por que no foi retirado até agora o vehículo abandonado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.