Jorquera. “É escandaloso que agora se descubra que Tebas ten aliados no goberno do Estado, perxudicando o Deportivo”

“Dar validez á proposta dunha liga de 22 equipos, despois de anular o expediente que propuña o descenso do Fuenlabrada, é tanto como respaldar a posición da Liga de Fútbol Profesional neste conflito. Isto é moi grave, porque foi a LFP quen puxo en risco a saúde pública na Coruña ao autorizar a viaxe do Fuenlabrada á nosa cidade”, afirma o portavoz do BNG no Concello da Coruña. “É evidente que aquí o señor Javier Tobas xogou moi sucio neste asunto, tanto que agora sabemos que el é quen move os fíos detrás do Fuenlabrada.

É escandaloso que agora se descubra que Tebas ten aliados no goberno do Estado”, dixo en alusión a que o Consello Superior de Deportes depende do Goberno presidido por Pedro Sánchez.

“Consumouse o peor dos escenarios posíbeis: o de que o señor Tebas saia indemne deste asunto e que non se faga xustiza con quen foi claramente prexudicado ao non poder competir en igualdade de condición co resto dos equipos na última xornada do campeonato”, conclúe Jorquera.

O voceiro nacionalista en María Pita avanza que o BNG vai rexistrar iniciativas no Congreso para esixir a depuración das responsabilidades contraídas polo presidente da LFP.

3 comentarios

  • Manuel de Fontelide e Golmar

    O Fuenlabrada é propriedade da familia Tebas!! Esse equipa é unha “ Toca” de achegados todos da extrema dereita. Interesante olhar que o PSOE, chamese Irene Lozano, vendeuse a este malandro, cando sen dem de conta a quém apoiarom será tarde. Tristura dame que o outro equipa grande da nossa terra fique mudo cando o Desportivo brigou para que nom descendera. Do outro equipa do norde, Lugo, em mans de outro crápula prefiro nom comentar, da noxo

  • Manuel de Fontelide e Golmar

    Quando falo de CD Lugo, nom me estou referindo aos xiareiros e socios d’esse clube. Refirome a esse inimigo de todo o que cheira a galego, outro reaccionario que se fai con cartos e apoderase da equipa E vem pontificando e alimentando a xenreira contra do Desportivo quando nunca existiu em Lugo. outro cantamanhás outro anano mental, outro miserável. Que ainda nom lhe caiu a faciana de vergonha polo nome que leva o campo donde joga o equipa da sua propriedade, outro Juan Canalejo o Angel Carro. Outro inculto ignorante outro merda

  • Xabier Ceide santos

    Me parece inverosible que o dono do deportivo o Sr escotec non pola a maquinaria de abogados a funcionar pra defender o seu clube

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.