Jorquera pregúntalle por escrito a Inés Rey sobre o convenio do consorcio de Turismo

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou este venres unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber que accións pensa emprender ante a “rotura unilateral” do convenio co Consorcio de Turismo por parte de Vueling, compañía que tomou a decisión de suprimir os voos a Heathrow desde A Coruña no que queda de ano.

O primeiro que quere saber Jorquera é se o Goberno Local comparte a visión do BNG de que estamos ante unha “rotura unilateral” do convenio por parte de Vueling. O segundo é que pensa facer ante unha decisión que afecta a cidade e a comarca de forma moi negativa: non só porque prexudica directamente as persoas que xa reservaran viaxes –e en xeral a numerosa colonia galega no Reino Unido-, senón porque deixa o tecido empresarial da Coruña sen unha conexión estratéxica –Heathrow non só é punto de destino no Reino Unido, senón tamén un grande hub para voos intercontinentais.

A eventual perda desta conexión retrotraería Alvedro a “unha situación que críamos superada”, afirma Jorquera. “Após o importante incremento de pasaxeiros e pasaxeiras rexistrado nos últimos anos, o noso aeroporto ficaría sen ningún enlace directo internacional”, remarca o portavoz nacionalista.

Cabe por tanto ao Goberno Local tomar cartas no asunto e defender os intereses da cidade perante unha compañía que incumpre os seus compromisos asinados por escrito e polos que recibe unha cuantiosa subvención por parte do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.