Jorquera ve unha “rotura unilateral do convenio co Concello” na decisión de Vueling de suprimir os voos a Londres no que resta de ano

“Estamos ante unha rotura unilateral das condicións do convenio co Consorcio de Turismo por parte de Vueling”, considera o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, ao coñecer que a compañía decidiu suprimir os voos a Londres desde Alvedro para o que queda de ano

“Poñemos en dúbida o argumento da caída da demanda que aduce Vueling, tendo en conta que esta conexión é moi importante para o tecido empresarial da cidade e da comarca (Heathrow é un grande hub para as conexións intercontinentais) e tamén é utilizada pola colonia coruñesa e galega que mora en Londres, as súas familias e amizades. A supresión desta conexión contrasta co feito de que, mesmo nas actuais condicións da pandemia, se manteñen as frecuencias semanais con outros destinos, reaparece o de Valéncia e increméntase nunha frecuencia a conexión con Palma de Mallorca”, indica Jorquera, para quen é “evidente” que “se causa un prexuízo ás persoas que contrataron viaxes para o último cuadrimestre do ano”.

“A exclusión da conexión con Heathrow en boa parte baleira de contido o convenio con Vueling ao estarmos a falar dunha das  liñas que con razón o Concello considera indispensábeis”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.