Labores de chorreo e limpeza de diferentes rúas de Marín

As actuacións comezaron nas zonas de Ejercito y Marina, Tiro Naval Janer, Rúa do Sol, Rúa Echegaray e a primeira parte de Concepción Arenal rematando nos próximos días co resto de rúas do casco urbano

O Concello de Marín esta a realizar, nas últimas datas, unha intensa labor de limpeza e chorreo das diferentes rúas do casco urbano da vila.

Estas labores de limpeza, comezaron este luns deixando xa limpas as zonas de Ejercito y Marina, Tiro Naval Janer, Rúa do Sol e a primeira parte de Concepción Arenal, ata a zona do templo novo.

As actuacións rematarán nos vindeiros días e contemplan a limpeza e chorreo de todas as rúas do casco urbano da vila.

Para manter as nosas rúas limpas é preciso a colaboración tanto da veciñanza de Marín coma dos locais de hostalaría e comercios da vila debido as incomodidades e custos cos que contan estas actuacións.

Ademais, é preciso recordar aos propietarios de cans, a necesidade da súa colaboración, no mantemento da limpeza das rúas da vila, coa recollida dos excrementos dos animais e limpeza dos ouriñes. Recórdase aos donos de cans que as multas por non recoller as deposicións dos animais poden ascender ata 750 €.

Debido a dificultade de controlar este tipo de conductas as multas interpostas ata o momento foron as máximas. Ademais, a Policía Local intensificará os controis neste aspecto.

A limpeza das rúas é unha medida de vital importancia dentro dun contexto de crise sanitaria como a que estamos a vivir sendo importante mantelas desinfectadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.